http://www.adega.info/index.php?option=com_content&task=view&id=352&Itemid=2
Ourense 30 de novembro 2006. ADEGA-Ourense presentou denuncia o 17 de outubro de 2005 diante da Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias da Consellaría do Medio Rural, que dirixe o ourensán Sr. Carballido Presas, pola intención deste departamento de reiniciar os traballos de concentración parcelaria en dúas parroquias do concello de Allariz (San Mamede e San Vitoiro).
Desta denuncia non obtivemos resposta en ningún sentido, nin atendendo as nosas peticións nin ofrecendo explicacións sobre o seu rexeitamento. Nesta denuncia sinalabamos denuncia o incumprimento da lexislación sobre os procesos de concentración parcelaria, quer no que atinxe á non acreditación da necesidade de realizar este proceso de reordenación (falta o imprescindíbel estudo de viabilidade económica), quer no “escándalo” de que no censo de cotizantes ao réxime especial agrario só existen 9 persoas cotizantes en San Mamede e 9 labregos en San Vitoiro que contan, todos eles, con idades entre 59 e 64 anos (datos de 2002, cando se solicitaba o proceso de concentración).
Todo o que está a acontecer coa natureza en San Mamede e San Vitoiro é un verdadeiro atentado ecolóxico causando estragos irreparábeis nas carballeiras, montes e sebes que, sumados ás masivas e indiscriminadas talas acontecidas en marzo de 2002 (referenciadas na prensa naquela altura) supoñen un verdadeiro atentado ao patrimonio natural recén incluido na Declaración de Reserva da Biosfera candidatada polo propio concello de Allariz.
RESPONSABLES:
"CONSELLERIA MEDIO RURAL"
| "DirecTOR Xeral de Infraestructuras Agrarias da Consellaría do Medio Rural: Sr. Carballido Presas" |
servido por JESUS
1 comentario
compártelo