Publicidad:
La Coctelera

Galicia Denuncia

Espacio para Denunciar en el ámbito de Galicia. Comienza en la CATEGORIA: DECLARACION DE INTENCIONES

Categoría: A PEROXA

13 Noviembre 2007

Unha estación radioeléctrica ameaza a saúde humana, medioambiental e dificulta a visibilidade para a vixianza forestal

http://www.amigosdaterra.net/index.php?name=News&file=article&sid=345

Amigos da Terra ven de presentar ante o concello de A Peroxa e ante a delegación de Medio Rural de Ourense, unha petición de información para poder acceder ao contido do proxecto técnico dunha instalación radioeléctrica que pretenden ubicar no pobo de Ferradal.

A particularidade desta estación é que se atopa a escasos 15 metros dunha caseta de vixianza forestal onde se traballa diariamente e cuxo grado de exposición, polo tanto, por parte dos traballadores ás emisións radioeléctricas sería elevadísimo.

Veciños e traballadores afectados tratan de obter a información que corresponde a este proxecto e investigan se existen autorizacións para levalo a cabo.

O regulamento que desenvolve a Lei Xeral de Telecomunicacións, 11/1998, de 24 de abril, recolle a obriga de incluír, xunto co proxecto técnico, un estudo que garanta que os niveis de emisión radioeléctrica sobre os lugares nos que permanezan habitualmente persoas, deben cumprir o establecido no Anexo I do texto normativo, o­nde se establece a gama de frecuencia máxima que debe proporcionar esa antena e, finalmente, os límites sobre a distancia mínima á que debe situarse a antena con respecto a unha “industria” ou centro de traballo e que será de 1000 metros, e non 15 como é a realidade.

Fonte: Bea - denunciante

Solicítase, así mesmo, por parte da entidade ecoloxista, unha paralización cautelar das obras mentres se fan as correspondentes investigacións e se tomarán outras medidas administrativas para caso de non obter a información solicitada ou de non existir autorización municipal para a instalación e habendo comezado xa as obras, as cales se comezaron fai escasos días procedendo a limpar de vexetación a zona de ubicación da antena que, segundo fontes testemuñais, será de 30 metros de altura.

Caseta de vixianza forestal

A estas alturas as administracións competentes deberan estar suficientemente concienciadas de non dar luz verde a proxectos tan prexudiciais para a saúde humana e para o medio ambiente, ademais de que, en este caso concreto, impide ver con claridade desde a venta que se orienta ao suroeste para o caso de producirse un incendio ou calquera outro incidente.

-----------------------------------------------------------------

Enviado pormontse.valencia.

RESPONSABLES:
"CONCELLO A PEROXA"
"CONSELLERIA MEDIOAMBIENTE"

servido por JESUS sin comentarios compártelo


Sobre mí

Avatar de JESUS

Galicia Denuncia

PORTO DO SON, España
ver perfil »
contacto »

Fotos

JESUS MARTINEZ todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera