Publicidad:
La Coctelera

Galicia Denuncia

Espacio para Denunciar en el ámbito de Galicia. Comienza en la CATEGORIA: DECLARACION DE INTENCIONES

Categoría: A CAÑIZA

22 Diciembre 2007

Adega e os veciños de Parada e Valeixe volven a denunciar a contaminación do río Deva

http://www.vigometropolitano.com/news/134/ARTICLE/3082/2007-12-17.html

A asociación ecoloxista Adega denunciou a semana pasada o estado de contaminación do río Deva, feito que ademais levan denunciando os veciños de Parada e Valeixe dende hai anos “e feito que propuxemos a debate reiteradamente nos plenos ordinarios do concello”, afirma Saba González Lorenzo, voceira da comisión executiva municipal.

No mesmo comunicado, Saba Lorenzo di que o mantemento da depuradora é “responsabilidade” do concello, “aínda que o alcalde diga que non”. A voceira explica que durante o primeiro ano, despois de construír a depuradora, a Xunta de Galicia ocúpase do seu funcionamento pasando a mans do concello unha vez remate este prazo. “E é o concello o que elixe a forma de facelo, xa ben sexa a través dos operarios municipais ou dunha empresa subcontradada”.

Saba Lorenzo lembra que no pleno ordinario do 31 de agosto e no pleno ordinario do 26 de outubro preguntóuselle á corporación municipal, concretamente ao concelleiro de Medio Ambiente, Tomás da Silva Carbalho, “que non foi quen de contestar por si mesmo”, polo estado e mantemento da depuradora da Cañiza e polos verquidos nos ríos.

Por outra banda, e según consta na acta, o alcalde Cesar Mera respondeu e apuntou que a concesión do mantemento da depuradora estaba adxudicada á empresa privada Aquagest, “asegurando que asinaron un contrato con dita empresa para realizar análises nos ríos e regatos como medida de detección de verquidos ilegais”. Tal contrato “non existe” polo menos na páxina web de dita empresa, na que a mesma fai unha exposición dos concellos nos que ten concesións.

Outra cuestión son as previsións de futuro en relación coa depuradora. A resposta pública do alcalde ante esta denuncia “non é outra máis que botar balóns fora e evadir a súa responsabilidade por lei. A conciencia medioambiental do actual rexedor está máis que demostrada pola permisividade absoluta ante os verquidos e pola xordeira ante as reiteradas queixas dos veciños”, critica a voceira.

Saba Lorenzo garante que con dar un paseo polos arredores da depuradora “pódese ver o estado de abandono, os reactores biolóxicos sen fango, os lodos amontoados nunha esquina, verquidos de lixo e escombros nas cunetas, regatos con espuma e mal cheiro, a presa da minicentral contaminada...”.
RESPONSABLES:
"CONCELLO A CAÑIZA"
"CONSELLERIA MEDIOAMBIENTE"

servido por JESUS sin comentarios compártelo

22 Octubre 2007

Numerosos vertidos ameazan o río Deva na Cañiza

http://www.adega.info/index.php?option=com_content&task=view&id=622&Itemid=2

A Cañiza, 6 de setembro de 2007. ADEGA-Paradanta ven de comprobar o estado lamentábel de contaminación por augas fecais que presenta o río Deva no Concello da Cañiza. Varios vertidos degradan o río, entre eles os da propia depuradora da Cañiza que, como se pode comprobar polas fotos, non funciona axeitadamente. ADEGA-Paradanta se pregunta como a pesares da depuradora as augas seguen a estar contaminadas.


Deste xeito o río Deva que tiña unha gran riqueza de especies animais, agora debido á súa degradación resulta imposible que sobrevivan alí.
As autoridades municipais deben tomar medidas para evitar que os ríos estean contaminados porque isto repercute non só na calidade do medio ambiente senón mesmo pode producir problemas de saúde pública ao estar cargadas as augas con microorganismos.
Non se pode permitir que unha vila como a Cañiza non dispoña dun tratamento das augas residuais que impida a degradación do entorno. No caso dos vertidos a “caño libre” detectados ADEGA porá en coñecemento do SEPRONA a localización exacta dos puntos de vertido a fin de determinar os responsables, se existe coñecemento por parte do Concello da Cañiza e máis para que se tomen medidas para solucionar estes problemas ambientais e sanitarios.
A defensa do medio ambiente é cousa de todos e todas. A contaminación inflúe negativamente na nosa calidade de vida degradando o entorno e producindo custes económicos que deben ser subsanados polos responsables xa ben sexan empresas ou administracións, este é o interese público xeral de todos os cidadáns que debe ser respeitado tal e como afirma a lexislación vixente.
RESPONSABLE:

"CONSELLERIA MEDIOAMBIENTE"

servido por JESUS 1 comentario compártelo


Sobre mí

Avatar de JESUS

Galicia Denuncia

PORTO DO SON, España
ver perfil »
contacto »

Fotos

JESUS MARTINEZ todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera